...
Novo disco do Pianista Espanhol (Galiza) com o apoio Antena 2:
...
...
Alberto Vilas:
Músico de formación clásica, nas súas orixes estudiou piano con Chan-Rok Moon e composición con Carlos Cambeiro Alís no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde a cada a titulación superior da especialidade.
Posteriormente a finalización dos seus estudios continúa a realizar cursos de perfeccionamento de técnica e interpretación con Mestres como María Jesús Crespo ou Luiz de Moura.
Forma parte dende moi novo de varios grupos de rock, o que lle permite comezar a experimentar no mundo da omposición e dos arranxos.
É un dos membros máis antigos do prestixioso cuarteto instrumental de tango Tangata xunto con Artigas Anelo, Laura Quintillán e Gustavo A. Barcia, formación ca que ten gravados tres álbumes: “COMO EN OCTUBRE“, “TRECE“ e “CALAMBRE“ e ca que ten percorrido toda a xeografía galega e boa parte da de España e Portugal.
Ten tamén gravado un CD, “Escenas Latinas“, a dúo co tubista Eduardo Nogueroles. Con obras de Paul Hindemith, Bruce Broughton, Anthony Plog ou Enrique Crespo.
Así mesmo, é autor e intérprete da música dos documentais de Fernando Carreira “O imperio Téxtil“, “Manolo Barros, un Rebelde de Aceiro“ ou a máis recente “Ángel” adicada á vida e a obra do pintor e restaurador redondelano Ángel Barros a quen vai adicada unha das composicións.
Realizou varios cursos de música e grafías contemporáneas coa prestixiosa pianista francesa Martin Joste (colaboradorade John Cage), así como cursos de especialización pedagóxica ca tamén prestixiosa pedagoga arxentina Violeta Hemsy de Gainza.
Moi interesado polo Jazz adéntrase nese mundo da man do pianista Manuel Gutiérrez para continuar logo formándose no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Paco Charlín e Abe Rábade participando en tódalas actividades que alí se lle ofrecen:masterclass, concertos no ciclo ¨Jazz no Principal¨, gravacións de cd´s, etc. Así mesmo foi becado para estudiar no Workshop “Tavira en Jazz“ no Algarve Portugués.
Recibiu formación de músicos como: Perico Sambeat, Miguel Zenón, Jaleel Shaw, Marcus Strickland, Donald Edwards, Walter Smith III, Jonh O’ Gallagher, Alán Ferver, Russ Lossing, Aruán Ortiz, Jonathan Kreisberg, Ambrose Akinmushire, Jonathan Blake, Brannen Temple, Jesús Santandreu, Carlos Barreto, Filipe Melo, Joao Moreira, Mike Moreno, E. J. Strickland, Josh Ginsburg, Lage Lung, Demian Cabaud, Guim G. Balasch, Pablo Martín, Arturo Serra, Logan Richardson, Sam Harris, Tommy Crane, Greg Ruggiero, Taylor Eigsty, Joe Sanders e Víctor Prieto entre outros.
Compartiu escenario con músicos da talla de Bobby Martínez, Marc Ayza, Nuno Ferreira, Ramón Cardo, Carlos Martín ou Chris Kase e participou no Canjazz 2010 xunto a Marc Ayza, Vicente Macián, Virxilio da Silva e Juyma Estevez e tamén na cuarta edición do Nigrán Jazz presentando os seus propios temas con Alberto Vilas Quinteto. Con esta formación percorren prácticamente todo-los grandes festivais de Jazz da Galiza como o Imaxinasons de Vigo, Vía Stellae de Compostela, Nigranjazz, Festival de Jazz de Lugo ou Festival Internacional de Jazz de Pontevedra no 2013.
Tamén con este quinteto foron seleccionados pola AIE para unha xira polo estado español que terá lugar na primaveira do 2014.
Neste ano 2014 participan co Alberto Vilas Quinteto na maratón de jazz do Ciclo 1906 celebrada na Praza da Quintana de Santiago de Compostela.
En febreiro do 2015 participa á fronte do seu propio cuarteto no Gastrofestival celebrado no Conde Duque de Madrid durante tres días consecutivos.
No verán de 2015 toca no Imaxinasóns (Festival de jazz de Vigo) co trío liderado polo contrabaixista Juyma Estévez presentando o cd debut do mesmo que gravaran meses atrás titulado “OCÉANOS DE PORCELANA“.
Ese mesmo ano 2015 entra a formar parte do grupo do polifacético Tatán (actor, titiriteiro, cantante.…) e gravan “CHAPEU“ e presentan no Culturgal 2015. Con esta banda xa levan percorridos muitos lugares da xeografía galega e de Portugal.
En abril de 2016 presenta “UBUNTU” que será nomeado finalista dos Premios Martín Códax da Música dese mesmo ano.
No verán de 2016 volta ao Festival de Jazz e Blues de Pontevedra, desta volta formando parte da Pontejazz Big Band dirixida por Jesús Santandreu.
Tamén no 2016 volta ao Imaxinasons desta volta para presentar o seu terceiro traballo discográfico en formato
cuarteto e que leva por título “UBUNTU“ que tamén presentarán no Festival de Jazz de Ponteareas entre outros muitos lugares.
Colabora co cuarteto de saxofóns Thesis Quartet en concertos xunto a importantes bandas de música de Galicia.
No ano 2016 escribe e grava a música para a película documental ‘‘SEMITONOS“ sobre a vida e a obra do pintor Fernando Morales, escrita e dirixida por Pancho Salmerón.
Como compositor, intérprete e leader do seu propio grupo grava ata o momento tres traballos discográficos: “EXPERIANZA“ (2011), “CRÓNICA CROMÁTICA“ (2014) e “UBUNTU“ (2016).
Colabora ao mesmo tempo con outros proxectos como músico freelance e participa na gravación do cd “ALEGRÍA“ de Sergio Tannus, “DESERTO DE CENTOS“ de Sonia Lebedinsky ou “CANTOS DA IALMA“ de Xulio Lorenzo, “CAMIÑOS“ de Magín Blanco.
Así mesmo ten acompañado nalgunha ocasión ao vivo a artistas coma Rosa Cedrón ou Xosé Manuel Budiño.
Tamén é colaborador asiduo da gran cantante galega Uxía á que acompaña tanto ao vivo coma en gravacións da mesma como a participación no disco da cantante ''Uxía/o'' sobre poemas do poeta Uxío Novoneira que recibiu varios premios.
En maio de 2017 recibe o Premio MARTÍN CÓDAX da Música na categoría de Música clásica-contemporánea polo seu traballo "UNIVERSO LEM". Nesa mesma edición é finalista con outros tres proxectos, o seu “UBUNTU” de Alberto Vilas Quartet, con e con Tatán CHAPEU.
É convidado polo acordeonista afincado en Nova Iorque de orixe galega, Víctor Prieto, a tocar na presentación do seu disco "THE THREE VOICES" celebrado no Teatro Principal de Ourense en xullo de 2017 onde comparte escenario ademáis de co propio Víctor Prieto, tamén co grande saxofonista de Missouri afincado en Nova Iorque, Chris Cheek, e o contrabaixista alemán Hanns Höhn, o batería alemán Benno Sattler e a violinista galega Sara Casasnovas.
No ano 2018 para celebrar os 30 anos de historia do grupo TANGATA publican o disco ''Que 30 años no es nada'' e realizan unha xira por toda a xeografía galega que ten como momento culminante o concerto que a formación tanguera realiza xunto á Orquestra Clásica de Vigo no Teatro A Fundación de Vigo. Alberto Vilas é o responsable da realización dos arranxos e adaptación orquestal para ese proxecto.
Este proxecto é nomeado finalista nos Premios Martín Códax da Música 2019.
No ano 2019 é nomeado director artístico do Festival de Jazz de Ponteareas realizando una programación que puxo de relieve a este festival contando con artistas como Víctor Prieto Trío con Jordi Gaspare Gonzalo del Val (cos que comparte escenario nese concerto convidado por Víctor Prieto).
Tamén no ano 2019 grava e colabora no novo disco do cantautor galego Tino Baz, “Si Cantan Es Ti Que Cantas” presentado en A Guarda en xullo dese ano no que tamén foi convidado a participar.
En agosto de 2019 é convidado pola voz máis importante da música popular portuguesa, o grande VITORINO, para realizar un concerto en Évora arredor do disco de Tango que o Cantor alentexano gravara en Bos Aires no 2009. Este concerto foi todo un acontecemento e VITORINO estivo a compañado polos seguintes músicos: Ramón Maschio na guitarra; Alex Stewart no violín; Pedro Santos no acordeón; Bruno Vitor no contrabaixo; Rui Alves na percusión e Alberto Vilas no piano.
Na actualidade é profesor de piano e pianista acompañante do departamento de Canto, Violonchelo, Violín, Contrabaixo, Banda e Orquestra no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga“ de Pontevedra logo de ter exercido a súa laboura profesional como docente nos Conservatorios de Lugo e no Superior de Vigo.
Sem comentários:
Enviar um comentário