1.- CONCERTO ESPECIAL DE APERTURA
O xoves ás 20:30 no Teatro Municipal de Tui dará comezo o gran espectáculo inaugural creado especialmente para a apertura deste encontro de músicas que vai rendir homenaxe ás músicas de raíz seguindo o fío da lusofonía a unha e outra beira do Atlántico. Desde Brasil, Destino do Clã reúne aos músicos Nanan, Gustavito e Luizga, imbuídos da inluencia das culturas indíxenas e a ancestralidade suramericana, que eles recrean en cancións e arranxos que reverencian este rico territorio de coñecemento e sabedoría. Desde Portugal, O Gajo presenta o encontró de João Morades coa Viola Campaniça, un instrumento de raíz tradicional portuguesa co que explora novos territorios sonoros e ao que se une o Grupo As Sanfonas da Ponte Vella. E desde Galiza, Encaixe completará a proposta artística do concerto de apertura achegando as voces de 18 cantantes profesionais que prooñen un novo concepto de coro, recoñecido co Premio Martín Códax da Música 2018 a mellor proxecto de música vocal, e desde onde fan unha aposta forte pola música galega contemporánea, con versións vocais de grupos como Marful, Narf ou Malandrómeda, e tamén pola música lusófona, con versións do Zeca Afonso ou Djavan, entre outros.
2.- ACREDITACIÓNS E ESPAZO PROFESIONAL
As xornadas do venres 22 e sábado 23 de setembro a ZONA PRO será na Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença (Av. Pinto da Mota, 4930-600 Valença, Portugal. Ligazón).
As acreditacións serán neste espazo desde o venres 22 a partir das 09.00h (hora portuguesa) e ás 10.00h (hora galega).
Para xantar, o propio espazo dispón dun comedor con menú do día.
3.- PROGRAMA
SHOWCASES
Despois dun duro proceso de selección entre 244 propostas artísticas candidatadas para os showcases, o MUMI seleccionou 14 nomes de Galiza e Portugal para amosar ao público, profesional e tamén xeral, o interesante abano de músicas que conviven na escena actual. Galiza presentará os directos de Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura e Xurxo Fernándes; mentres Portugal achegará as propostas de Aníbal Zola, Expresso Transatlântico , María Monda, Maze, Retimbrar e Virgem Suta. Desde a equipa organizativa destacan que “a diversidade continúa a ser a palabra clave na música ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2023, cun mosaico de bandas e artistas que responden á riqueza das escenas galega e portuguesa”. Das novas abordaxes da música tradicional á electrónica, pasando polo jazz, o pop, as músicas urbanas ou a canción de autoría, os showcases programados recollen a efervescencia musical que bule a ambas beiras do Miño cunha presencia moi destacada das músicas que experimentan a partir da raíz, e que felizmente non deixan agromar. Un total de catorce propostas de bandas e artistas cunha traxectoria consolidada, respaldadas por axencias profesionais, que xa están funcionando moi ben nos seus territorios e queren abrirse a outros mercados, o que desde a equipa organizadora do MUMI valoran como “un feito que demostra a solidez da escena e a necesidade da industria musical de contar cun espazo como o MUMI”. Ao programa de showcases, sumaranse as propostas de Dj Gaiteirinho e Dj Ábrete de Orellas no ESPAZO OFF na noite do venres e o sábado respectivamente. E o domingo ao mediodía, os Gaiteiros da Ponte Velha e a banda Gooze presentarán as súas propostas nunha sesión de música aberta ao público xeral dentro da Fortaleça de Valença.
FALADOIROS
Entre o venres 22 e o sábado 23 o programa de Faladoiros acollerá un total de cinco sesións, que se abrirán cun dos temas cruciais para a industria neste momento. O director de licencias de Altafonte, Manuel Pena, falará sobre A comercialización dixital da música. Será o venres a partir das 10.30h. E ás 13.00h, Manuel Alonso, xerente de Músicas ao Vivo (MAV) e Patty Castro, membra da directiva de MAV, debullarán as Claves para a contratación artística transfronteiriza nun encontro no que tamén se falará do asociacionismo musical en Galiza. A última sesión do venres tentará botar luz sobre outra das cuestións de interese para moitos dos proxectos musicais: Como conseguir audiencias para músicas non maioritarias. Será a partir das 15.30h.
A xornada do sábado 23 abrirase ás 10.30h cunha problemática que por fin comeza a visibilizarse: a saúde das persoas que traballan no sector musical e na cultura en xeral. O director da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), Carlos Lorenzo, presentará o proxecto Coidar de nós, para coidar da cultura, no que se abordan as dinámicas tóxicas do sector e as súas consecuencias na saúde mental e tamén física de artistas e profesionais do ecosistema cultural. E ás 13.00h, o último dos faladoiros desta edición centrarase nunha das liñas de traballo que pode ampliar os horizontes da nosa industria musical e poñer as nosas músicas en circulación e relación con outros contextos. Na palestra Experiencias culturais con fondos europeos, Miguel Ângelo e Fernando Sousa, xestores da axencia musical portuguesa SOUNS GOOD, falarán das posibilidades que se abren cos programas de axudas ao sector cultural da Unión Europea a partir da súa propia experiencia na formulación e xestión do proxecto MARIMBA, no que ademais de Portugal participan outros países da lusofonía como Angola, Guiné-Bissau, Moçambique e Timor-Leste, e que recibiu apoio por valor de cerca de un millón de euros do programa europeo PROCULTURA. A programación de faladoiros conta co apoio especial da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a Deputación de Pontevedra.
SPEEDMEETINGS
Dentro da programación de speedmeetings, xa está confirmada a asistencia de profesionais programadores de entidades públicas galegas e portuguesas, de entidades programadoras do ámbito privado e está confirmada tamén a participación de representantes de axencias e salas.
A inscrición nos speedmeetings realizarase na recepción da zona pro.
Speedmeeting 1: Venres de 09.30h a 10.30h (PT) / 10.30h a 11.30h (GAL)
Chus Campos, Concello de Padrón
-
Miguel Alfaya, Concello de Tui
-
Carlos Varela, Concello de Vilagarcía de Arousa
-
Deborah Romero, Charlatana Cooperativa
-
Napoleão Ribeiro - Festival Palheta Bendita
-
Maria Inês Santos - Ílhavo
Speedmeeting 2: Venres de 12.00h a 13.00h (PT) / 13.00h a 14.00h (GAL)
Tomi Legido, Programador da sala Mardi Gras e director do Festival Elas Son Artistas
-
Suso Santamaría, Programador da sala A Pousada da Galiza Imaxinaria
-
Monica Mejías, Directora da empresa de xestión cultural CORREVEYDILE
-
Luís Fernandes - D'Orfeu Águeda
-
Ricardo Coelho - Rodopio - Cultura em Movimento
-
Márcio Folha - CAL, Ponte de Lima
Festival Arteficial, Manuel Araújo
-
Festival Revenidas, Xoan Quintáns
-
Festival 17º Ribeira Sacra, Carlos Montilla
-
Festival SonRíasBaixas, Jordi Lauren
-
Minho reguee, Xoan Lois Vila Pinel
-
Esmerarte, Álvaro Estévez
-
Gaia World Music Festival Paulo Preto
-
Makuma - António Fernandes
-
Space Festival Margarida Meire
. De mi para si - Rui Fernandes
Carlos Lorenzo, Concello de Carral
-
Quique Vázquez, Concello de Cedeira
-
María Vázquez, Concello de Ames, 696645779
-
Carmen Castro, Concello de Carballo
-
Tiago Pires - Favo das Artes, Mondim de Basto
-
Sílvio Fernandes, Cine Teatro Garret - Póvoa do Varzim
-
Carla Morgado - Teatro Municipal da Guarda
-
Jorge Areias, Camara Municipal de Valença
Sem comentários:
Enviar um comentário